Maios

 

MAIOS NO COLE

Toda a info: https://www.edu.xunta.gal/centros/ceiplaredo/node/1944

CONCURSO DOS MAIOS ANPA

Este ano o  ANPA, coa axuda do colexio, participará no Concurso - Festival MAIOS 2024  que se celebrará o día 1 de maio en Redondela ás 11h. Queremos contar coa axuda de todas as familias que queiran apuntarse pero, sobre todo, coas de 6º, xa que o diñeiro recadado polo alumnado participante será destinado a sufragar a súa excursión de fin de curso.

 Planificación: 

  • 10/04 Envio de proposta de colaboración/inscripcións das familias.
  • 11/04 Información ao alumnado de 6º de Primaria e busca de patrocinios.
  • 11/04 - 20/04 Inscripcións das familias no Concurso-Festival Maios a anpa@ceipdelaredo.com coa descrición do número de persoas a participar
  • 24-28/04 - Práctica de coplas, máis ritmo e baile.
  • 30/04 - Convivio Familiar e montaxe do Maio no cole de 16-20h (Merenda a cargo do ANPA e posibilidade de durmida alumnado de 6ºEP)
  • 01/05 - Gran Festa/Concurso do Maio en Redondela 11h. As familias participantes trasladaranse ata Redondela para crear unha gran comparsa do cole.

Especificacións

30/04 Xornada de traballo e convivio: (Todo o centro)

  • Entre todas as familias asistentes construirase un MAIO artístico para representar ao centro no Concurso de Maios de Redondela
  • Establécese a tarde do 30 de abril como día de traballo e convivencia dos maios.
  • Calquer familia que queira axudar está convidada a partir das 16:00 h.
  • A media tarde o ANPA convida a unha merenda a todos/as asistentes.
  • Sobre ás 20:30h rematará a actividade de convivencia e só quedará o alumnado de 6º de primaria participante.
  • Ao redor das 22:30h haberá outra parada para cear co alumnado e darase a oportunidade de que durman no centro ( alumnado 6º de Primaria  que deberán traer saco e un pequeno neceser)

É preciso rexistrarse para participar nesta xornada de Traballo así como de ser alumnado de 6º de Primaria especificar se se quedan a durmir.

Inscripción: Anpa@ceipdelaredo.com ou a través do wasap 666 591 228

 

01/05 Día de Maio, Celebración / Representación: (Todo o Centro)

  • As familias que poidan achegar o seu coche para levar ao alumnado a Redondela terán que estar no centro sobre as 9:30h da mañá. O alumnado que actúe ese día terá que levar pantalón vaquero oscuroe camisa ou camiseta branca (se non teñen debuxo).
  • É importante que calquera familia que queira participar ou colaborar nos maios teña que inscribirse no correo electrónico:  (anpa@ceipdelaredo.com) ou a través do wasap 666 591 228 (no caso de que a participación sexa moi baixa suspenderase a actividade e informarase ás familias)

13-26/04 Patrocinadores: (só para o alumnado de 6º EP)

  • Todo alumnado que queira buscar un padriño/madriña irá co formato dos Maios (folla que se entregou no seu momento) explicaralle ao patrocinador que somos do CEIP de Laredo e coa ANPA imos a Participar nos Redondela Maios e se desexan colaborar apadriñando as coplas; de querer participar, a empresa deberá enviar o logo do local, nome e enderezo a anpa@ceipdelaredo.com con a información que desexa que apareza o patrocinador.
  • A achega económica que recada o alumnado ingresarase na ANPA a través das canles de transferencia ou en metálico, a ANPA será a encargada de entregar ao patrocinador as coplas onde figure o seu establecemento.

AdxuntoTamaño
WhatsApp Image 2024-04-19 at 13.23.53.jpeg428.42 KB